Antes de que remate o ano, queremos falar do último proxecto no que estivemos traballando, a tenda online de Pazo Gil Casares – Aceite de Camelia. A verdade é que en canto nos presentaron o traballo debecíamos por comezar a darlle forma.
A súa historia é a do Pazo Gil Casares, situado na provincia de Pontevedra que debe o seu nome ao doutor Miguel Gil Casares, insigne médico galego que no seu día foi propietario tamén do coñecido Pazo de Fefiñáns, en Cambados. Nos seus xardíns é onde se atopan as árbores de camelia que son o froito do que se extrae o aceite natural.
Este é un deses proxectos nos que nos gusta implicarnos especialmente, proxectos pequeniños que se fan con moita ilusión e polos que paga a pena esmerarse, poñendo toda a atención aos detalles.