DESEÑO GRÁFICO

O éxito comercial dunha marca depende en gran parte do seu producto, pero este non ten o mesmo valor se non vai acompañado de elementos de comunicación visual atractivos,  e un bo deseño gráfico que reforce a súa identidade e o diferencien dos demáis.

Aquí é onde falamos de deseño gráfico, e de como a súa correcta aplicación pode mudar completamente a imaxe que proxectamos dese producto de cara o público.

Un logotipo, papelería corporativa, catálogos, cartelería…ata un stand publicitario, por onde comezamos?

esmera-diseno-grafico
imaxe-corporativa
fotografia-video
creatividad-publicitaria

Qué fan os nosos deseñadores?

  • Imaxe corporativa

    Un logotipo pode ser o primeiro que che veña á cabeza, pero hai toda unha serie de elementos que conforman unha identidade corporativa que son igualmente importantes. Ter un coidado deseño da túa páxina web é parte desta identidade, pero tamén a tarxeta de visita cos teus datos de contacto, un selo, as facturas, uniformes, caixas, sobres, señaléctica ou rotulación de vehículos. Seguro que nos deixamos algún, pero xa te fas unha idea do que se trata.

  • Fotografía e edición de vídeo

    Unha foto mal feita pode estragar a imaxe da túa empresa ou cando menos non chamar a atención do teu público. Contamos cos equipos e técnicas idóneas para sesións fotográficas profesionais ou de producción audiovisual para pequenos reportaxes publicitarios.

  • Creatividade publicitaria

    Se es dos que confía a cegas nos medios físicos para a túa publicidade, tamén temos sitio para ti. Flyers, trípticos, cartelería clásica e de gran formato, publicidade en prensa ou deseño de stands para ferias e eventos. As opcións son infinitas.

QUERES MÁIS INFORMACIÓN?

O deseño gráfico aporta valor engadido a túa marca. Descubre como podemos axudarte